• para compartires e descargares!

    Lingua e territorio




    Descárgao aquí




    Con esta obra colectiva preténdese afondar nas orixes da organización xeográfica das variantes lingüísticas nunha abordaxe interdisciplinar. A voz dos xeógrafos, historiadores, antropólogos e xenetistas únese a dos dialectólogos, con resultados moi interesantes que se recollen de forma sintética no Limiar.

    De acordo coa descrición comunmente aceptada da organización das variedades dialectais galegas, no nivel máis básico dispóñense en bloques, no sentido dos meridianos, e só secundariamente en áreas, no sentido dos paralelos. Neste volume, titulado de forma significativa Lingua e Territorio, bótanse novas olladas complementarias sobre esta disposición territorial. Con esta obra colectiva preténdese afondar nas orixes da organización xeográfica das variantes lingüísticas nunha abordaxe interdisciplinar. A voz dos xeógrafos, historiadores, antropólogos e xenetistas únese á dos dialectológos, con resultados moi interesantes que se recollen de forma sintética no «Limiar».

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P