O Galegobook é un proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un grande número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía...).
É, sobre todo, un proxecto persoal-colectivo para difundirmos a bibliografía galega entre o público especializado e non tanto. Porque desde aquí na nosa lingua facemos moito e facémolo tamén moi ben.
En Galegobook pretendemos subir e ligar un grande número de manuais clasificados segundo a autoría e a materia que trata. Seguro que son todos os que están, mais non estarán todos os que son. Se achas en falta algo e se queres axudarnos a mellorar a páxina, somos todo oídos (e ollos). Fala connosco, agradecémoscho e agradecerancho.
Agardo, car@ visitante, que esta páxina poida servirche de algo.
Subscrever:
Mensagens (Atom)