• para compartires e descargares!

    Cancioneiro popular galego. Volume I: oficios e labores



    A Fundación Barrié decidir pór na rede o inmenso traballo de investigación recollido e ordenado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina durante os anos 1980 a 1985 que supón a máxima achega realizada ata o momento na área de coñecemento e conservación do folcklore musical de Galicia. Cada volume divídese nun tomo de melodías e outro de letras. O primeiro tomo contén unha introdución, as melodías, comentarios melódicos, notas bibliográficas, nómina de informantes, índice de localidades e mapas. O segundo tomo presenta os textos ordenados por temas e xéneros.

    Autoría: Dorothe Schubart e Antón Santamarina
    Entidade: Fundación Barrié
    Ano: 1985
    Páxinas: 342
    ISBN: 84-85728-42-4

    Descárgao aquí

    Fonte da descarga: Fundación Barrié

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P