• para compartires e descargares!

    Análise da acción en política lingüística no ámbito municipal nos últimos anos


    O presente informe, centrado, como sinala o seu título, na Análise da acción en política lingüística no ámbito municipal nos últimos anos, foi elaborado por encargo da comisión técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega, dentro das actividades deste Centro. Unha versión resumida presentouse o 29 de abril no marco dos XIII Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo CDSG. A elaboración do Informe correu a cargo de Concepción Cochón Rodríguez, Valentín García Gómez e Nel Vidal Barral, tres persoas que teñen unha longa e intensa traxectoria de traballo en normalización lingüística no ámbito municipal, membros activos da devandita comisión técnica. Os restantes membros da comisión técnica do CDSG (Manuel Bermúdez Blanco, Agustín Fernández Paz, Susana Mayo Redondo, Xoán Rivas Cid, Goretti Sanmartín Rei e Henrique Monteagudo) colaboraron na xestación, discusión e revisión final do texto (...)  

    Autoría: Concepción Cochón Rodríguez, Valentín García Gómez e Nel Vidal Barral
    Entidade: Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia  
    Ano: 2012
    Páxinas: 96
    ISBN: 978-84-92923-32-8

    Descárgaa aquí

    Fonte da Descarga: Consello da Cultura Galega

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P