• para compartires e descargares!

    Por un proxecto de futuro para o idioma galego. Unha reflexión estratéxica


    O informe Por un proxecto de futuro para o idioma galego. Unha reflexión estratéxica, de 2010 analiza o proceso de creba do consenso lingüístico e avanzan unha proposta de acción cunha aposta pola diversidade e a prol do que chaman bilingüismo restitutivo e regaleguizador para frear a minorización progresiva e, finalmente, a desaparición do galego.

    Autoría: Henrique Monteagudo
    Entidade: IGEA
    Ano: 2010
    Páxinas: 14

    Descárgao aquí

    Fonte da descarga: Culturagalega.org

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P