• para compartires e descargares!

    Manual de linguaxe inclusiva no ámbito universitario


    O Manual de linguaxe inclusiva da Universidade de Vigo é unha ferramenta destinada a facer comprender a importancia de usar a linguaxe dun xeito que represente mulleres e homes con simetría e precisión, propoñendo pautas concretas de actuación que poidan ser incorporadas facilmente aos hábitos cotiáns de comunicación.

    Autoría: Ana Bringas López, Olga Castro Vázquez, María Jesús Fariña Busto, Belén Martín Lucas, Beatriz Suárez Briones
    Entidade: Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
    Ano: 2012
    Páxinas: 56

    Descárgao aquí

    Fonte da descarga: Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P