• para compartires e descargares!

    Foz Linguaviva, unha análise sobre a presenza da lingua galega en Foz





    O traballo analiza o uso do galego escrito na vila de Foz. O obxectivo da inciativa é concienciar a poboación do escaso uso escrito do galego na Mariña lucense e, ao mesmo tempo, darlles visibilidade aos axentes sociais normalizadores que están traballando por reverter esta situación.

    Autoría: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Foz
    Ano: 2013
    Páxinas: 9

    Descárgao aquí

    Fonte da descarga: Foz Linguaviva

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P