• para compartires e descargares!

    Alba de Groria (epub)



    Para conmemorar o Día Nacional de Galiza, o 25 de xullo, traémosvos un pequeno agasallo que promete ser o primeiro de moitos: o Alba de Groria en formato .epub para lerdes nos vosos libros electrónicos.


    O Alba de Groria é talvez o discurso máis afamado e celebrado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Foi pronunciado o 25 de xullo do ano 1948 no festival do Centro Gallego de Buenos Aires no Teatro Argentino desa capital, mais acabou por se converter nun dos máximos expoñentes o ideario galeguista da altura e, porque non, válido para hoxe mesmo.


    Ao mesmo tempo, este .epub serve para facermos unha pequena homenaxe a todo o que significou Vieiros.com do que se cumpren 4 anos do seu peche, xa que o texto por eles publicados serviu de base para a súa elaboración.


    Agardamos que vos preste e, sobre todo, bo Día Nacional de Galiza.


    Descárgao aquí


    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P