• para compartires e descargares!

    III Xornadas sobre Lingua e Usos: Lingua e Idade




    Este volume recolle os textos que nove relatores e relatoras expuxeron durante as III Xornadas Lingua e Usos que, baixo a denominación de Lingua e Idade, tiveron lugar na Sala do Consello de Goberno da Reitoría da Universidade da Coruña durante os días 8, 9 e 10 de novembro de 2006, e que foron organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística desta universidade en colaboración coa Real Academia Galega.

    Edición: Iván Méndez López, Amelia Sánchez Pérez.
    Entidade: Servizo de Normalización Lingüística, Servizo de Publicacións, Universidade da Coruña
    Data de publicación: 2007

    Descárgao aquí


    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P