• para compartires e descargares!

    Informe emprego do galego nas empresas



    Descarga o documento


    Dende comezos dos anos oitenta, coa aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia (1981)1, logo da aprobación da Constitución española (1978), estableceuse como interese preferente das institución políticas autonómicas a normalización da lingua galega2. Aínda que é un termo que admite diferentes conceptualizacións e interpretacións, por “normalización” queríase dicir a equiparación, polo menos, de galego e castelán, e isto en dúas direccións. A primeira referíase ó estatus ou prestixio do galego, tradicionalmente considerado inferior ó castelán, o que facía que se restrinxise principalmente ós ámbitos oral, privado e da informalidade. A segunda enfatizaba a necesidade de incorporar esta lingua ó funcionamento ordinario e cotián das institucións políticas, e de xeito destacado no referido ó traballo da Administración pública autonómica. Entón, a normalización era tanto un proxecto como un proceso, a través dos cales o galego debía chegar a convivir, polo menos, en termos de igualdade co castelán.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P