• para compartires e descargares!

    Informe. Observación no ámbito da Administración. 2007





    Descárgao aquí



    O informe que a continuación presentamos céntrase nas administracións públicas. Preténdese neste estudo coñecer cales son os usos reais do galego neste ámbito, tomando como referencia os seguintes organismos, por seren os que teñen unha maior proxección de cara á sociedade:
    • A Administración Xeral do Estado (neste caso o Observatorio céntrase na Seguridade Social, a Axencia Tributaria, a Garda Civil e a Policía Nacional).
    • Os concellos e as deputacións provinciais.
    • A Administración de Xustiza.
    • A Xunta de Galicia.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P