• para compartires e descargares!

    Informe. Observación no ámbito da sanidade. 2008




    Descárgao aquí



    A sanidade é, hoxe en día, un ámbito de importancia transcendental nas sociedades occidentais, dado que todas as persoas pasamos por centros de saúde, farmacias e hospitais, en maior ou menor medida, nalgúns momentos das nosas vidas. Polo tanto, a lingua ou linguas que se utilicen nas relacións entre a cidadanía e os profesionais da saúde son fundamentais para establecer unha comunicación fluída e
    eficaz, ademais de constituír un garante dos dereitos lingüísticos. No caso de linguas como o galego, que viviron ou viven afastadas de situacións tradicionalmente consideradas prestixiosas e cultas, a maior ou menor presenza neste campo amosa a súa fortaleza ou debilidade, a súa capacidade de incorporación e adaptación a novos ámbitos e, en última instancia, as perspectivas de uso para os seus falantes.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P