- Autoría: Observatorio da Lingua Galega
- Ano: 2008
- Páxinas:126
Descárgao aquí
O sector das denominadas tecnoloxías da información e da comunicación constitúe na actualidade un dos ámbitos con maiores implicacións económicas e sociais no marco da sociedade da información e do coñecemento, posto que se trata dun dos indicadores económicos e de desenvolvemento manexados hoxe en día, ao tempo que se erixe nunha prioridade para os gobernos. Neste ámbito de crucial importancia, o papel que desempeñen as linguas dunha comunidade será vital para os seus falantes e condicionará a maior ou menor proxección da lingua ou linguas usadas, ademais doutros aspectos como a cohesión social, a formación e a información da poboación. Así pois, da medida en que unha lingua sexa un instrumento de comunicación presente neste ámbito e existan contidos dispoñibles nela dependerán as súas perspectivas de futuro e, con elas, a viabilidade da comunidade lingüística que a utiliza.
0 comentarios:
Enviar um comentário