• para compartires e descargares!

    Informe. Observación no ámbito de internet. 2009





    Descárgao aquí




    O ámbito de internet constitúe na actualidade un dos elementos con maiores implicacións económicas e sociais no marco da sociedade da información e do coñecemento, posto que se trata dun dos indicadores económicos e de desenvolvemento manexados hoxe en día, ao tempo que se erixe nunha prioridade para os gobernos. Neste ámbito de crucial importancia, o papel que desempeñen as linguas dunha comunidade será vital para os seus falantes e condicionará a maior ou menor proxección da lingua ou linguas usadas, ademais doutros aspectos como a cohesión social, a formación e a información da poboación. Así pois, da medida en que unha lingua sexa un instrumento de comunicación presente neste ámbito e se creen e editen contidos nela dependerán as súas perspectivas de futuro e, con elas, a viabilidade da comunidade lingüística que a utiliza.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P