• para compartires e descargares!

    Manual básico de documentación administrativa




    Descárgueo aquí



    A calidade das comunicacións escritas de carácter administrativo cobra importancia porque son a forma básica de relación entre a Administración e a sociedade. Nesta dirección, a Administración galega realizou un intenso labor de formación para que os funcionarios e as funcionarias acadasen a competencia na lingua que soporta a maior parte do seu traballo: o galego. Agora, superada a fase de corrección gramatical e ortográfica, cómpre garantir unha comunicación áxil e de calidade. Daquela, para renovar e modernizar a documentación hai que acudir a outros parámetros: a mellora na redacción, a organización de contidos e o deseño dos documentos.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P