• para compartires e descargares!

    Manual de Documentos Administrativos




    Descárgao aquí



    O presente manual pretende ser unha guía cómoda e práctica para a redacción e a creación dos documentos de carácter administrativo que emanan da Universidade da Coruña (UDC). O obxectivo fundamental que nos propuxemos á hora de elaborar este traballo foi proporcionar un instrumento para axilizar a tramitación dos procedementos administrativos e homoxeneizar os textos da UDC, dado que en moitas ocasións non se segue un criterio único e común á hora de redactar os documentos e isto pode ser un atranco para a fluidez e a calidade dos servizos que presta a nosa universidade. Con esta finalidade, intentamos adaptar os modelos textuais e a linguaxe que establecen as obras precedentes que tratan sobre este tema ás características propias da Universidade da Coruña, de xeito que os exemplos que presentamos se axeitan ao ámbito administrativo universitario e ás situacións que son susceptibles de producírense na nosa universidade. De todos os xeitos, queremos deixar claro de antemán que os textos que figuran neste compendio non responden a casos reais, senón que son ficticios, igual que os nomes das persoas e das empresas ou doutras institucións que neles empregamos (agás os nomes dalgúns cargos da UDC, como o reitor ou os vicerreitores).

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P