• para compartires e descargares!

    Cadernos de Fraseoloxía Galega 11


    • Autoría: Varios autores
    • Entidade: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
    • Ano: 2009
    • ISSN: 1698-7861
    • Páxinas: 447


    Descárgao aquí



    Neste número ofrécense sete estudos taxonómicos ou fraseográficos de Mercè Biosca Postius e Károly Morvay, Iovka Bojílova Tchobánova, Marek Laskowski, Inés Olza Moreno, María do Rosario Soto Arias e Luís González García, Michel Quitout, Mª Pilar Río Corbacho e, finalmente, Mª Antonella Sardelli; está presente a comparación fraseolóxica plurilingüe (galego con portugués, castelán, francés, alemán, polaco e húngaro) cos traballos de Vilmos Bárdosi, Xesús Ferro Ruibal e Wiktoria Grygierzec; e Aina Torrent-Lenzen. Na sección de RECADÁDIVAS Xesús Ferro Ruibal e Fernando Groba Bouza editan 385 expresións recollidas por Laureano Prieto na Gudiña; Anxos Hermida Alonso publica 254 expresións recollidas pola autora no barrio de Matamá en Vigo e Estefanía Prieto Donate artella o traballo de campo de 300 escolares de diferentes lugares de Galicia. Na sección RECENSIÓNS analízanse Introducción a la fraseología española. Estudio de las locuciones; Discurso, Lengua y metalenguaje – Balance y perspectivas; Seminario Internacional Colección Paremiológica, Madrid, 1922-2007; Theorie und Praxis der idiomatischen Wörterbücher; Pocas palabras bastan: vida e interculturalidad del refrán e 1001 refranes españoles con su correspondencia en alemán – árabe – francés – inglés – italiano – polaco – provenzal y ruso. Esta sección complétase coa de NOVAS na que se dá noticia de libros e artigos chegados á redacción, así mesmo infórmase da publicación do libro Aspectos teóricos da fraseoloxía de Anatolij Baránov e Dmitrij Dobrovol’skij e tamén se inclúe información sobre o Coloquio Internacional de Fraseografía celebrado en maio na Universidade de Santiago de Compostela. Están representadas neste número as tres Universidades de Galicia, o Centro Ramón Piñeiro, o IES Eusebio da Guarda e tamén as Universidades de Lleida, Navarra, Complutense de Madrid, Lisboa, Köln, Wien, Eötvös Loránd (Budapest) e Góra (Polonia); e o centro CPST-Toulouse.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P