• para compartires e descargares!

    Cadernos de Fraseoloxía Galega 3. Achegas a un diccionario de refráns galego-castelán, castelán-galego


    • Autoría: María do Rosario Soto Arias
    • Entidade: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
    • Ano: 2003
    • ISBN: 84-453-2771-2
    • Páxinas: 347


    Descárgao aquí


    Monográfico. Este terceiro número de "Cadernos de Fraseoloxía Galega" é unha monografía da autoría de María do Rosario Soto Arias. Nela ofrécenos equivalencias castelás duns 4.400 refráns galegos e as equivalencias galegas duns 4.100 refráns casteláns: equivalencias, non traducións, dado que para que un refrán sexa refrán ten que estar fixado no uso e, por esa razón, a tradución literal dun refrán, aínda sendo lexítima para certos usos, non lle dá condición de refrán ó que resulte. Este libro é, logo, un intento de ofrecer correspondencias semánticas con paremias xa rexistradas como tales en cada unha das dúas linguas: intento, porque a correspondencia plena non sempre é posible. Como a fonte fundamental son os repertorios paremiolóxicos xa publicados e dado o túnel ágrafo dos séculos escuros, enténdese que, mentres os refráns galegos son case todos do século XX, nos casteláns conviven formas vivas con arcaísmos ou formas menos actuais.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P