• para compartires e descargares!

    Cadernos de Fraseoloxía Galega 4. Estudos e recadádivas


    • Autoría: Varios autores
    • Entidade: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
    • Ano: 2003
    • ISBN: 84-453-3655-X
    • Páxinas: 343


    Descárgao aquí




    Este cuarto número de "Cadernos de Fraseoloxía Galega" ten carácter misceláneo, como será no futuro o formato habitual da revista. Entre os estudos están "Proposta de clasificación semántico-funcional das unidades fraseolóxicas galegas" (de María Álvarez de La Granja), "Notas para unha bibliografía paremiolóxica galega" (de Xesús Ferro Ruibal e Ana Vidal Castiñeira), "O labor de fraseógrafo de Manuel Leiras Pulpeiro" (de Ramón Anxo Martíns Seixo) e "Aproximación ó 'mínimo paremiolóxico' galego. Unha proposta didáctica" (de Ana Vidal Castiñeira). "As recadádivas son Un manuscrito paremiolóxico de Murguía" (por Ana Vidal Castiñeira), "Aportazón ao refraneiro. Coleición de refrás recollidos da tradizón oral por Lois Carré (1898-1965)" (por Mª Carmen Paz Roca), "Refranero gallego. Colección hecha por el P. Gumersindo Placer López" (por Lois Vázquez), "Refraneiro do Seminario de Santiago (1947-1958)" (por Patricia Buján Otero, Xesús Ferro Ruibal, Mª Carmen Paz Roca, Marta Rodríguez Añón e Ana Vidal Castiñeira), "El refrán y su sombra (Faro de Vigo) por José Sesto" (por Patricia Buján Otero) e "Fraseoloxía e terminoloxía dos cogomelos" (por Cristovo Ruíz Leivas e Juan A. Eiroa García-Garabal).

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P