• para compartires e descargares!

    Dicionario de pronuncia da lingua galega


    • Autoría: Xosé Luís Regueira
    • Entidade: Instituto da Lingua Galega
    • Ano: 2010
    • ISBN: 978-84-87987-77-9
    • Páxinas: 771

    Descárgao aquí



    O noso propósito non é establecer unha “normativa” fonética ao modo da normativa ortográfica. Os estándares orais non teñen o carácter coercitivo dos estándares escritos, e sempre se permite unha maior variación na lingua falada, incluso nos niveis e rexistros máis elevados e formalizados. Por outra parte, o establecemento da pronuncia estándar correspóndelle á sociedade galegofalante (ou aos grupos máis influentes dela). O noso obxectivo é ben máis modesto: propoñer un modelo de pronuncia que poida ser aceptado en contextos en que se requira o emprego da lingua estándar. A finalidade última, naturalmente, é a de influír nos modelos públicos de galego de maneira que a súa fonética sexa máis próxima á do galego histórico (o herdado polos galegofalantes, fronte a outros modelos con certa difusión pública desenvolvidos por contacto co español), e será por tanto máis coherente cos criterios que presiden a formación do estándar escrito do galego.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P