- Autoría: Deputación da Coruña
- Ano: 2011
- Páxinas: 18
Descárgao aquí
Fonte da descarga: Área de Servizos Sociais da Deputación da Coruña
A linguaxe é o instrumento a través do cal expresamos as nosas ideas, pensamentos e formas de concibir o mundo, polo que é o reflexo da cultura dunha sociedade nun determinado momento.
A linguaxe non é sexista, xa que dispón de masculinos, femininos e neutros, somos as persoas as que lles damos un uso sexista, ao empregar como xenéricos a forma masculina.
Deste xeito contribuímos a perpetuar opcións léxicas que poden interpretarse como sesgadas, discriminatorias ou degradantes ao implicar que un dos sexos é superior ao outro, cando o sexo das persoas é, ou debería ser, irrelevante.
A realidade é que na nosa sociedade aínda existen moitos estereotipos de xénero, que perpetúan a desigualdade entre mulleres e homes, a linguaxe é unha das mellores formas de expresar os cambios nas ideas e crenzas.
É unha evidencia que aínda quedan restos de linguaxe administrativa sexista nos documentos que empregamos de cotío, nos informes que redactamos, pregos de condicións, modelos de inscrición, oficios, pregos de contratación, notas de prensa, cargos, ofertas de emprego etc., parémonos un momento e reflexionemos, poñámonos as gafas de xénero e veremos como no noso arredor aínda quedan moitas acepcións que cambiar para conseguir unha sociedade en igualdade de xénero.
Desde a administración pública temos a responsabilidade de transmitir termos neutros, ou empregar os xéneros de xeito adecuado para transmitirlle á sociedade que traballamos para conseguir a igualdade real de xénero, onde non se presupoña a subordinación dun xénero sobre o outro.
Este documento, pretende ser unha ferramenta básica, clara e concisa dirixido ao persoal da Deputación da Coruña e persoal dos concellos, que conten con suxestións, recomendacións e orientacións de como podemos mellorar a nosa comunicación oral e escrita no noso traballo profesional na administración pública e por ende na nosa vida persoal, familiar e social e sensibilizar sobre os cambios que está a percibir a sociedade actual.
0 comentarios:
Enviar um comentário