- Autoría: Consello Municipal de Normalización Lingüística
- Entidade: Concello de Santiago de Compostela
- Ano: non consta
- Páxinas: 24
Descárgao aquí
Fonte da descarga: Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega
A normalización da lingua galega é un proceso que ten como protagonista principal a sociedade galega, e que os poderes públicos teñen a responsabilidade de apoiar e promover.
Nomeadamente, boa parte dos avances normalizadores teñen que ver coa vontade da cidadanía, coa decisión de asumir de forma efectiva a lingua galega. Neste sentido, a actuación pública pode incorporar os incentivos positivos que favorezan os cambios sociais. As políticas públicas das administracións teñen unha grande influencia sobre a cidadanía a través do emprego sistemático do idioma, coas regulacións de uso, etc.
Sendo a normalización lingüística un proceso de carácter marcadamente social, os distintos actores que conforman e estruturan o tecido social adquiren un protagonismo central. É por isto que se tornan moi relevantes ámbitos de diálogo como o Consello de Normalización Lingüística, onde representantes da cidadanía e responsábeis políticos conflúen na asunción de compromisos.
Nesta liña, a metodoloxía deseñada fixo pivotar a elaboración do PNL sobre o conxunto dos actores significativos da sociedade compostelá, procurando un compromiso desta consigo mesma a través do seu tecido social máis vivo.
0 comentarios:
Enviar um comentário