Nova entrega dos cadernos do Ramón Piñeiro de fraseoloxía
Entidade: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Ano: 2010
ISSN: 1698-7861
Páxinas: 473
Descárgao aquí >
Fonte da descarga: Centro de Ramón Piñeiro para a Investigación en HumanidadesNeste número de Cadernos de Fraseoloxía Galega 12,2010 ofrécense doce ESTUDOS sobre a fraseoloxía do húngaro, do esperanto; un aspecto da fraseoloxía vasca; a historia da fraseoloxía (Bréal e Bally), a fraseografía (información pragmática), a utilización na publicidade, nos escritos académicos; a tradución e a didáctica. Da fraseoloxía galega estúdase a manipulación na utilización xornalística e o corpus fraseolóxico referido a dentes e moas e tamén a peixes e animais mariños. O traballo de campo de fraseoloxía galega ofrece tres RECADÁDIVAS, unha feita en Carballedo, outra de toda Galicia limitada a locucións verbais e outra temática (o gando equino). Cinco RECENSIÓNS analizan os libros de Baránov e Dobrovol’skij , de Dobrovol’skij e Piirainen, de Río Corbacho, de González Radío, as actas dun Congreso de fraseoloxía contrastiva español-alemán, e un libro de Antón Cortizas. A sección de NOVAS ofrece a referencia completa do máis relevante no eido da fraseoloxía producido no último ano en todo o mundo. Neste número están representados o Centro Ramón Piñeiro, a Universidade de Santiago de Compostela, a Escola Oficial de Idiomas de Vigo, o IES Sánchez Cantón de Pontevedra; tamén as Universidades Alcalá de Henares, Oviedo, Salamanca; a Euskal Herriko Unibertsitatea/Universidad del País Vasco; a ELTE de Budapest, a Nyugat Egyetem de Hungría, a Helsingin Yliopisto (Helsinki) e o Geisteswissenschaftliches Zentrum (Universität Leipzig).
0 comentarios:
Enviar um comentário