• para compartires e descargares!

    Mapa sociolingüístico de Galicia. Volume II. Usos lingüísticos en Galicia


    O Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 achéganos aos usos lingüísticos en Galiza.

    Autoría: Manuel Gozález González (dir), Modesto A. Rodríguez Neira (coord.), Antonio Fernández Salgado, Xaquín Loredo Gutiérrez, Isabel Suárez Fernández.
    Entidade: Real Academia Galega.
    Páxinas: 590
    Ano: 2007, A Coruña.
    ISBN: 978-84-87987-44-1

    Descárgao aquí

    Fonte da descarga: Real Academia Galega

    Introdución
    Esta nova achega do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 (en diante MSG-04) céntrase nos usos lingüísticos, dimensión que resume a información máis importante e significativa dun diagnóstico sociolingüístico. Mediante o estudo dos usos lingüísticos pódese cuantificar o número de falantes dunha determinada lingua e observar a súa distribución xeográfica e social. Ao mesmo tempo, nas situacións de linguas en contacto, o uso reflicte o status que se lle atribúe a cada lingua e suxire cal é a orientación das actitudes lingüísticas dunha poboación. Como se advirte no Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 (en diante MSG-92), “... é a frecuencia de usos de cada sistema ao longo da vida dun mesmo individuo en diferentes condicións sociosituacionais o indicador máis fiable do seu abano de funcións no seo da comunidade” (Seminario de Sociolingüística RAG, 1995: 66).

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P