• para compartires e descargares!

    Cadernos de lingua 32


    Número 32 dos Cadernos de lingua, a revista da Real Academia Galega para promover a investigación científica sobre a lingua galega, así como para divulgar aspectos lingüísticos que son de interese para os estudosos e para a sociedade en xeral.

    Autoría: Varios autores
    Entidade: Real Academia Galega
    Ano: 2010
    Páxinas: 180

    Descárgao aquí

    Fonte da descarga: Real Academia Galega



    ÍNDICE
    M. GONZÁLEZ GONZÁLEZ, Gallaica lingua: Quo vadis?
    E. DEL CASTILLO VELASCO, Catalán en galego, galego en catalán. Tratamento das linguas galega e catalá nas principais obras lexicográficas dos países cataláns e de Galicia
    H. CAJARAVILLE ARAÚJO, Ondas e mareas: palabras que van e veñen
    M. DUYOS MÍGUEZ, M. J. PAZ LEMA, S. ROMARÍS HORTAS, I. VEIGA MATEOS, Denominacións galegas para algunhas froitas
    RECENSIÓNS
    Atles Lingüístic del Domini Català. Volum IV: 9. El camp i els cultius, J. VENY & L. PONS i GRIERA (M. González González)
    Minorized languages in Europe: state and survival, J. R. GUZMÁN & J. VERDEGAL (X. L. Regueira)
    Dicionario galego-latino clásico e moderno, X. LÓPEZ DÍAZ (V. Fresco Barbeito)

    1 comentarios:

    1. No artigo Gallaica lingua: Quo vadis? de M. GONZÁLEZ GONZÁLEZ, seméllame antagónico empregar o concepto de "galegofalantes auténticos", que tería como correlato conceptuar outros galegofalantes como "non auténticos" ou "falsos", coa aseveración de que "o futuro do galego se vai xogar en gran medida nas cidades".

      Como promover o galego naquelas/es que imos denominar como "falsos galegofalantes" ou "galegofalantes non auténticos"?

      ResponderEliminar

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P