• para compartires e descargares!

    Cadernos de lingua 34


    Número 34 dos Cadernos de lingua, a revista da Real Academia Galega para promover a investigación científica sobre a lingua galega, así como para divulgar aspectos lingüísticos que son de interese para os estudosos e para a sociedade en xeral.

    Autoría: Varios autores
    Entidade: Real Academia Galega
    Ano: 2013
    Páxinas: 208

    Descárgao aquí

    Fonte da descarga: Real Academia Galega

    ARTIGOS
    E. Mª DOMÍNGUEZ NOYA, Partículas exceptivas: problemas de delimitación e proposta de análise
    J. M. PÉREZ FERNÁNDEZ, Os indicadores ca e coma na comparación en galego
    E. MOSQUERA CASTRO, Aproximación á sintaxe da prensa escrita en lingua galega
    R. A. MARTÍNS SEIXO, Glosario de Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas
    E. LOUREDO RODRÍGUEZ, Un documento en galego de 1474 de Xácome González, notario da terra de Taveirós e Ribadulla

    RECENSIÓNS
    Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións, T. MOURE (N. Basanta Valles)
    Lexicografía galega e portuguesa. Anexos da Revista de Lexicografía, Mª. D. SÁNCHEZ PALOMINO (B. González Rei)

    2 comentarios:

    1. O artigo E. MOSQUERA CASTRO, Aproximación á sintaxe da prensa escrita en lingua galega comenta a ausencia da perífrase voltar + infinitivo na prensa. A min paréceme lóxica ao non rexistrar o verbo "voltar" nin o VOLGa nin o DRAG. Por despiste?, tampouco aparece como entrada incorrecta.

      "Igualmente, é preciso repararmos naquelas perífrases en que a influencia do español é evidente. Canto ás perífrases volver + infinitivo e voltar a + infinitivo, encontramos tamén na linguaxe xornalística a solución volver a + infinitivo, coincidente coa estrutura homóloga en español. Destas tres, voltar a + infinitivo non se documenta en ningún dos números que manexamos, en canto as outras dúas variantes aparecen en máis ocasións e faise complexo estabelecermos
      cal é a máis habitual, xa que no corpus estudado a frecuencia de aparición é semellante, aínda que a forma volver + infinitivo é a que apareceu en maior número de ocasións"

      ResponderEliminar

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P