• para compartires e descargares!

    O idioma galego na sociedade: a evolución sociolingüística 1992-2008


    Esta publicación analiza a situación sociolingüística e as expectativas e os cambios que adoitan acompañala e, en boa medida, condicionala. Complementando a publicación previa, A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992 -2003), nesta ocasión recóllense, ademais, os datos da Enquisa de condicións de vida das familias e o seu módulo específico «Coñecemento e uso do galego», incluído no Plan galego de estatística 2002-2006 do Instituto Galego de Estatística, ao que debo agradecer a súa sincera colaboración institucional.

    Autoría: Henrique Monteagudo (director), Puri Carballo, Håkan Casares Berg
    Entidade: Consello da Cultura Galega
    Ano: 2011
    ISBN: 978-84-92923-27-4 1
    Páxinas: 92

    Descárgao aquí

    Fonte da descarga: Consello da Cultura Galega

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P