• para compartires e descargares!

    Manual de Ciencias da Linguaxe


    Este Manual de Ciencias da Linguaxe é o resultado dun proxecto entusiasta: publicar en galego un texto comprehensivo e interdisciplinar sobre a linguaxe.

    O punto de partida foi a constatación da falta de manuais introdutorios á linguaxe que, oao mesmo tempo que recollesen unha ampla mostra de temas e problemas lingüísticos, estivesen elaborados orixinariamente en galego e desde o galego.

    Recolle textos de Teresa Moure, Juan Alberto Alonso, Carles Riba, Carmen Cabeza, José Ma García-Miguel, Xavier Gómez Guinovart, Alessandro Duranti, Ángel López García, Anxo M. Lorenzo Suárez, Xabier Falcón, Fernando Ramallo, Esperanza Morales López, Miguel González Pereira, Francisco Albertuz Carneiro, Tiago Vidal Figueroa...

    Editores: Fernando Ramallo, Gabriel Rei-Doval, Xoán Paulo Rodríguez Yáñez
    Ano: 2000
    Páxinas: 780
    ISBN: 84-8302-588-4

    Descárgao aquí


    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P