13/02/14

Estudos de Lingüística Galega V

Estudos de Lingüística Galega é unha revista anual fundada en 2009 co obxectivo de crear un espazo de debate e intercambio arredor da lingua galega, un lugar de reflexión sobre a norma idiomática galega e asemade, de análise crítica e difusión da investigación lingüística.

De acordo con este triplo obxectivo, a revista incorpora tres seccións: Pescuda, artigos de investigación orixinais sobre lingüística e filoloxía, focados sobre o galego ou de interese para o galego; Peneira, artigos breves e notas orixinais en relación coa variedade normativa da lingua galega; Anada, inventario da produción científica correspondente ao ano anterior a cada número directa ou indirectamente relacionada co galego e recensións críticas orixinais de traballos lingüísticos sobre o galego.

Autoría: varios autores  
Entidade: Instituto da Lingua Galega  
Ano: 2013

ISSN: 1889-2566

Descárgao aquí

Fonte da descarga: Instituto da Lingua Galega

Sem comentários:

Enviar um comentário