14/02/14

Cadernos de Fraseoloxía Galega 14

O número 14, 2012 de “Cadernos de Fraseoloxía Galega” contén na sección de Estudos 11 artigos verbo de diferentes aspectos das fraseoloxías e paremioloxías galega, portuguesa, española, catalá, italiana, alemá, inglesa, holandesa e dálmata (en perspectivas fraseográfica, cognitiva, taxonómica, histórica, xeográfica e literaria). A sección de Recadádivas ofrece materiais de fraseoloxía galega actual: 362 unidades fraseolóxicas e 198 paremias recollidas en Cuntis e no Morrazo ou exhumadas dunha escolma inédita feita na Coruña. A actualidade internacional da especialidade ofrécese na sección de Recensións (13 libros) e Novas (detalle bibliográfico de 106 libros ou artigos recentes; pormenorizada descrición de 7 congresos ou simposios, de tres novos recursos en rede e de diversas convocatorias de proxectos fraseolóxicos internacionais). A información e a análise que forman este volume de 449 páxinas está elaborada por investigadores de diferentes países europeos.

Autoría: Varios autores
Entidade: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Ano: 2013
ISSN: 698-7861
Páxinas: 449

Descárgao aquí >

Fonte da descarga: Centro de Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Sem comentários:

Enviar um comentário