07/03/14

Investigación e lingua. Propostas para a mellora da presenza do galego na actividade científica

No ano 2012 a Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, que está composta polas tres universidades do sistema universitario galego e as secretarías xerais de Universidades e de Política Lingüística da Xunta de Galicia, encargoulle á profesora Alba Nogueira un estudo sobre o uso do galego e o recoñecemento da actividade investigadora. O seu obxectivo é determinar se a nosa lingua está en condicións de igualdade coas outras linguas oficiais do Estado ou se existen situacións de desvantaxe que pexen o seu uso na investigación.

Despois de presentalo en xuño de 2013, este documento hanos permitir o debate e a adopción de medidas para incentivar o uso do galego na investigación e na transferencia de coñecemento científico

Autora: Alba Nogueira López
Ano: 2014
ISBN: 978-84-8158-631-2
Páxinas: 52

Descárgao aquí

Fonte da descarga: Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

Sem comentários:

Enviar um comentário