• para compartires e descargares!

    Na Universidade en galego sen dúbida


    A Área de Normalización Lingüística (ANL) ten entre os
    seus obxectivos acadar a implicación directa de todos
    os membros da comunidade universitaria no proceso
    de normalización, ademais de perfeccionar a súa competencia
    lingüística. Así, coa intención de mellorar a calidade
    das comunicacións escritas da Universidade de
    Vigo, presentamos estas recomendacións actualizadas
    e ampliadas, e intentamos resolver dúbidas que se nos
    presentan acotío no noso traballo de asesoramento.

    Autoras: Eva María Castro Figueiras, María Cristina Rodríguez Ricart
    Entidade: Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
    Ano: 2014
    ISBN: 978-84-8158-645-9
    Páxinas: 132

    Descárgao aquí

    Fonte da descarga: ANL da UVigo

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P