• para compartires e descargares!

    Informe. Observación no ámbito da educación. 2008





    Descárgao aquí




    A educación constitúe un dos ámbitos máis transcendentais para a transmisión e a aprendizaxe das linguas, ademais do fogar. Así pois, todas as persoas escolarizadas perfeccionan a súa propia lingua materna e aprenden outras nos centros de ensino e nas universidades. Nas comunidades bilingües como a galega, o ámbito educativo representa un lugar fundamental para o coñecemento activo das dúas linguas existentes, sen prexuízo doutras que se comezan a aprender nas escolas e se continúan mellorando ao longo da vida. Deste xeito, da maneira en que saibamos valorar a diversidade lingüística como unha riqueza que cómpre protexer e conservar e en como lle transmitamos isto ao alumnado dependerá en gran parte a supervivencia da nosa lingua e a extensión de usos na sociedade.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P