• para compartires e descargares!

    Libro de estilo do Concello de Santiago




    Descárgao aquí




    A Concellaría de Política Lingüística do Concello de Santiago, comprometida de vello co proceso de normalización lingüística, impulsou a sinatura dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña en setembro de 2006 co obxecto de realizar dúas campañas pioneiras na difusión e promoción da lingua galega. A primeira destas campañas, dirixida a lembrar e colaborar coas boas prácticas lingüísticas na Administración municipal, marca como obxectivos acadar a implicación directa do persoal do Concello no proceso normalizador e mellorar a súa competencia lingüística. Desenvólvese, deste xeito, unha das medidas estratéxicas que se recollen no noso Plan de normalización lingüística: a elaboración e difusión dunha normativa lingüística e de estilo sobre a redacción da documentación que desde esta Administración se emite.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P

    Disqus

    Top Commenters

    Powered by Disqus