• para compartires e descargares!

    Termos esenciais de dereito constitucional (galego-castelán)


    O glosario que tes nas mans pretende recoller a terminoloxía básica do ámbito do dereito constitucional, atendendo especialmente ao marco legal e institucional do Estado español. Con el, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración con
    profesorado da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, inicia unha serie de repertorios terminolóxicos que irán centrándose nas principais áreas estudadas en Dereito, en particular, nesta Facultade.


    Autoría
    : Begoña López Portas, Xusto A. Rodríguez Río
    Entidade: Servizo de Normalización Lingüística da USC
    Ano: 2011
    Páxinas: 65
    ISBN: 978-84-9887-550-8

    Descárgao aquí


    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P