- Autoría: Anxo M. Lorenzo Suárez, Fernando Ramallo, Håkan Casares Berg
- Entidade: Consello da Cultura Galega
- Ano: 2006
- ISBN: 978-84-96530-52-2
- Páxinas: 300
Descárgao aquí
Este traballo ten como obxecto de estudo a presenza da lingua galega nos medios de comunicación de Galicia e da diáspora galega. No ano 2000 o Consello da Cultura Galega decidiu abordar un proxecto de avaliación das políticas lingüísticas galegas durante o período autonómico, dirixido por Henrique Monteagudo e o recentemente desaparecido Xan Bouzada. Daquela frutífera colaboración xurdiron tres volumes dentro do que se deu en chamar O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). O presente traballo completa as publicacións do proxecto, aínda que o período estudado é máis amplo. Os resultados pretenden introducir claridade nun espazo que foi tradicionalmente moi polémico para a militancia lingüística, os responsables políticos, así como para os produtores, editores, profesionais e, en xeral, para todo os actores do ámbito.
0 comentarios:
Enviar um comentário