• para compartires e descargares!

    Sociedades de plurilingües: da identidade á diversidade.



    Este foro ofrece un ámbito de análise sobre a situación presente e as perspectivas de futuro do galego, no marco dunha reflexión de horizonte alongado sobre as condicións de sustentabilidade da diversidade lingüística no mundo contemporáneo e dun debate sobre as fórmulas de convivencia nas sociedades plurilingües. Deste xeito, a problemática galega foi contemplada, desde unha abordaxe ecolingüística, en varias dimensións: no escenario global da mundialización, no mosaico idiomático do espazo europeo, no marco do multilingüismo español, nas condicións concretas da sociedade galega e na perspectiva da súa relación especial co ámbito luso-brasileiro.

    Autoría: Henrique Monteagudo (coord)
    Entidade: Consello da Cultura Galega
    Ano: 2009
    ISBN: 978-84-92923-50-2
    Páxinas: 268

    Descárgao aquí


    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P