• para compartires e descargares!

    Habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral. Manual do alumnado




    Descárgao aquí



    O manual está concibido como unha ferramenta didáctica que posibilite a reflexión e a formación no referente ás situacións comunicativas, especialmente orais, no ámbito laboral e en galego. Deste xeito, proponse unha aprendizaxe baseada na análise de discursos, en xogos e en simulacros para conseguir os obxectivos marcados.

    Dado que o grupo vai ser heteroxéneo, preséntase un manual aberto que vai permitir tratar cuestións diferenciadas segundo o perfil do grupo co que se traballe

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P