• para compartires e descargares!

    Manual básico de documentación administrativa e xurídica


    • Autoría: Xoán Rivas Cid (coord)
    • Entidade: Secretaría Xeral de Política Lingüística
    • Ano: 2010
    • ISBN: 978-84-453-4895-6
    • Páxinas: 170


    Descárgao aquí



    A comunicación escrita de carácter administrativo e xurídico cobra importancia porque constitúe a forma básica de relación entre a Administración e a sociedade. Neste sentido, a Administración galega leva realizado un intenso labor de formación para que o seu funcionariado acadase unha boa competencia en lingua galega. Levamos xa andados uns anos en que a formación lingüística para os funcionarios e funcionarias que se imparte desde a Administración está orientada a subir ao chanzo da calidade, isto é, a de transcender a fase de formación e corrección ortográfica e gramatical para nos situarmos naqueloutra da mellora, e que se cimenta en tres esteos: o da mellora da redacción, o da mellora da organización de contidos e o da mellora no deseño dos documentos.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P