• para compartires e descargares!

    Plan xeral de normalización da lingua galega




    Descárgao aquí



    Galicia e o seu Goberno acumularon, nos últimos vinte e cinco anos, unha experiencia propia de promoción da nosa lingua. A posta en marcha da Administración autonómica non partía de cero en moitas áreas, porque, por exemplo, xa se coñecían os procesos de programación, deseño e construción de novas vías de comunicación, de novas infraestruturas deportivas, sanitarias ou educativas; había técnicos formados e empresas con experiencia. Pero a área lingüística era totalmente nova, aquí non había experiencia institucional ningunha de como converter unha lingua familiar en oficial da Administración, do Parlamento, dunha cadea de radio e televisión, do ensino, da sanidade; tampouco tiñamos procesos definidos nin técnicos formados. Así que nuns eidos conseguiuse facer mellor e noutros non tan ben. Á propia sociedade levoulle o seu tempo afacerse a ver a súa lingua doméstica e coloquial desenvolvendo funcións xurídicas, administrativas, comunicativas, educativas ou relixiosas que nunca antes tivera ou das que a inmensa maioría dos cidadáns nunca oíran falar. As características propias do caso lingüístico galego, diferentes do caso catalán, do vasco e doutras linguas minoritarias, e os propios ritmos da nosa sociedade tampouco permitían transplantar experiencias alleas. Galicia creou o seu modelo propio e dedicou a esta materia importantes recursos. Do que se trata agora, despois dunha primeira etapa, é de renovar a nosa política lingüística, de adecuala aos novos tempos, para que o galego poida enfrontarse aos retos e esixencias da sociedade da comunicación, para que a nosa lingua avance sen problemas coa axuda das novas tecnoloxías, para que perviva neste século XXI que acabamos de comezar.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P