• para compartires e descargares!

    Manual de estilo do Concello de Tomiño




    Descárgao aquí



    O Concello de Tomiño, ao longo dos últimos anos, vén mostrando o seu compromiso firme co proceso de normalización lingüística. Esta iniciativa responde ás arelas polo respecto do noso idioma tanto dentro como fóra da Administración, no que se lles debe respectar os dereitos lingüísticos a toda a cidadanía tomiñesa. Froito deste compromiso xurdiu o Servizo de Normalización Lingüística hai xa un par de anos.

    Dentro deste contexto é onde se enmarca a elaboración deste MANUAL DE ESTILO, que pretende achegar, tanto ao funcionariado como a calquera persoa, unha serie de pautas para unha boa redacción da nosa lingua e, deste xeito, solucionar calquera tipo de dúbidas que lles poidan xurdir no día a día.

    Deste xeito, co remate do verán de 2009, sae unha obra coa que agardamos que lle sexa útil á cidadanía e que se poida converter nun manual de referencia para resolver calquera tipo de dúbidas e mais para mellorar a calidade das comunicacións escritas de carácter administrativo.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P