• para compartires e descargares!

    Revisar a corrección


    • Autoría: Manuel Bermúdez Blanco
    • Entidade: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
    • Ano: 2009
    • Páxinas: 41


    Descárgao aquí



    Isto que estás comezando a ler é froito da experiencia do traballo durante anos nos labores de asesoramento nun servizo lingüístico universitario. Non vas atopar teorías tiradas de fontes bibliográficas, aínda que moitas das ideas que aquí se verten estean recollidas dalgunhas lecturas feitas nestes anos. Tampouco vas atopar referencias a estudos nin a investigacións feitas sobre o tema da corrección textual. Aquí hai un feixe de ideas que nacen na procura de reformular os labores de corrección e darlles sentido no proceso de normalización lingüística.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P