• para compartires e descargares!

    Manual de localización ao galego


    • Autoría: Mancomún
    • Entidade: Mancomún
    • Páxinas: 92
    • Ano: 2009


    Descárgao aquí



    Sen esquecer a súa capacidade para producir contidos propios, na actualidade resulta difícil imaxinar outro indicador da viabilidade dunha cultura na era informacional máis significativo que o seu grao de dispoñibilidade, na lingua vehicular, ás interfaces que fornecen o acceso aos recursos e servizos electrónicos que caracterizan a sociedade da información e do coñecemento. No caso da cultura galega, dada a procedencia xeralmente alóctona daqueles recursos e servizos, o indicador variará en función da capacidade que a nosa sociedade teña para traducir as súas interfaces.

    Dada a natureza informática das interfaces, esa nosa capacidade estará supeditada á vontade de quen detente os dereitos de autoría dos correspondentes aplicativos para deixarnos modificar o seu código fonte, pois o proceso de tradución involucra xeralmente esa modificación. Posto que esta vontade adoita expresarse na forma dunha licenza, será preciso considerar por separado os aplicativos en función de se a licenza baixo a que se distribúen outorga esta posibilidade -as licenzas libres ou abertas- ou se a restrinxe ou denega -o caso das licenzas privativas.

    Visto que, no caso da industria da programación privativa, a lóxica económica inhibe o investimento preciso para dispoñibilizar os seus produtos en galego, resulta inmediato concluír que a nosa capacidade para galeguizar as interfaces -e por tanto a viabilidade da nosa cultura na era informacional- estará determinada pola intensidade no recurso á programación de fontes abertas

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P