• para compartires e descargares!

    Breve guía para unha linguaxe non sexista





    Descárgao aquí



    A Área de Igualdade da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes ven de editar unha pequena guia donde explica brevemente como evitar a linguaxe sexista en calquer escrito.

    Nun formato de fácil lectura, o documento explica dun xeito directo diversos recursos cos que contamos para eliminar do noso discurso de dinámicas sexistas moi xerais na nosa lingua.

    Algunhas recomendacións salientables son: uso de nomes colectivos (estudantado, o corpo docente), emprego da denominación do cargo e non o nome da persoa (a dirección, a secretaría); e utilización dos dous xéneros explícitamente (benvidos e benvidas, todas e todos os compañeiros).

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P