• para compartires e descargares!

    Cadernos de Fraseoloxía Galega 9


    • Autoría: Varios autores
    • Entidade: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
    • Ano: 2007
    • ISBN: 1698-7861, 1698-787X
    • Páxinas: 341


    Descárgao aquí



    Inclúe estudos taxonómicos ou fraseográfi cos de Elisabete Ares Licer, Xesús Ferro Ruibal, José Enrique Gargallo Gil, Axel Heinemann, Virginija Masiulionyte? e Diana Šileikaite? , Elisabeth Piirainen, Hans Schemann, María Rosario Soto Arias e Luis González García. A comparación bilingüe está presente nos traballos de Lucília Chacoto e Carlos Alberto Crida Álvarez, Ana Mansilla e Antonio Nogueira Santos. A sección de recadádivas ofrece 108 fórmulas galegas recollidas por Ramón Anxo Martíns Seixo e un manuscrito menor de Francisco Vázquez Saco, en edición de Mª Carmen Paz Roca. Nas recensións analízanse Diccionarios y Fraseología, de Margarita Alonso Ramos; Portugiesische Redewendungen, de Stefan Ettinger e Manuela Nunes; Per modo di dire. Storia della lingua e antropologia nelle locuzioni italiane ed europee, de Ottavio Lurati; El lenguaje de los enfermos (Metáfora y fraseología en el habla espontánea de los pacientes), de Antonio Pamies Bertrán e Francisca Rodríguez Simón e tres dicionarios de Hans Schemann: o Dicionário Idiomático Português-Alemão, o Idiomatik Deutsch-Portugiesisch e o Dicionário Idiomático Português-Alemão/Idiomatik Portugiesisch-Deutsch.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P