• para compartires e descargares!

    Cadernos de Fraseoloxía Galega 8


    • Autoría: Varios autores
    • Entidade: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
    • Ano: 2006
    • ISSN: 1698-7861
    • Páxinas: 376


    Descárgao aquí



    Inclúe estudos taxonómicos ou fraseográficos: Entón, ¿é unha colocación ou non?: análise contrastiva das colocacións, de Margarita Alonso Ramos; Tesouro de fraseoloxía como problema semántico e lexicográfico, de Anatolij Baránov e Dmitrij Dobrovol’skij; Significacións gramaticais e sentidos colocacionais: ¿máis ca unha simple coincidencia?, de Xavier Blanco Escoda; O acrónimo fraseolóxico, de Mario García-Page e Problemas relacionados coa determinación da forma "canónica" nunha base de datos de refráns franceses (DicAuPro), de René Klein. A comparación bilingüe está presente co traballo de Antonio Nogueira Santos (Fraseoloxía comparada portugués- inglés: ‘cão/gato’ – ‘dog/cat’); a explicitación e implicitación con Ana Acuña (Relacións entre a literatura popular e a fraseoloxía. Novas achegas); e a didáctica con Mª Isabel González Rey (A fraseodidáctica e o Marco Europeo Común de Referencia para as linguas). Na sección de recadádivas Locucións e fórmulas comparativas ou elativas galegas, de Xesús Ferro Ruibal; un manuscrito inédito (‘Paremias selectas’. Un manuscrito bonaerense (1956) de Vicente Llópiz Méndez) e tamén Frases feitas do Cachafeiro (Forcarei) de Margarita López Barreiro. Nas recensións analízanse Fraseología contrastiva. Con ejemplos tomados del alemán, español, francés e italiano, de R. Almela, E. Ramón e G. Wotjak; Figurative Language: Cross-cultural and Cross-linguistic Perspectives, de Dmitrij Dobrovol’skij e Elisabeth Piirainen; La creatividad en el lenguaje: colocaciones idiomáticas y fraseología (Luque Durán e Pamies Bertrán eds.); Proverbs: a handbook, de Wolfgang Mieder.

    2 comentarios:

    1. OLA,AGRADECERIA MOITO SE VOLVESE A SUBIR ,POIS QUEDASE TRABADO NA MITADE,GRACIÑAS

      ResponderEliminar
    2. Ola
      Veño de probar a ligazón de descargas e, en principio, descargueino sen problemas. No galegobook poñemos como descarga a ligazón da páxina web de onde tiramos o recuso, neste caso a páxina do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Podes probar coa ligazón da propia páxina, que é a seguinte: http://www.cirp.es/pls/bdox/inv.pub_detalle2?p_id=221

      Un saúdo e moitas grazas polo teu comentario

      ResponderEliminar

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P