• para compartires e descargares!

    Cadernos de Fraseoloxía Galega 7


    • Autoría: Varios autores
    • Entidade: Centro Ramón Piñeiro para a Investigacións en Humanidades
    • Ano: 2005
    • ISBN: 84-453-4151-0
    • Páxinas: 352


    Descárgao aquí



    Na sección de "estudos" do número 7 da revista Cadernos de Fraseoloxía Galega, correspondente a 2005, trátanse temas como a fraseoloxía tópica española, as locucións verbais nos dicionarios, as nocións de restrición léxica e colocación, o refrán meteorolóxico, o status do baixoalemán xurídico e a aplicación didáctica da fraseoloxía. Ofrécese, ademais, unha abordaxe xeral da fraseoloxía portuguesa e unha homenaxe a Cervantes, a través da interpretación dos fraseoloxismos quixotescos. Recóllese tamén un glosario de locucións adverbiais do galego medieval e un glosario paremiolóxico plurilingüe. A sección de "recadádivas" inclúe un breve glosario fraseolóxico do Concello das Neves. Na sección de "recensións" analízase un libro de fraseoloxía rusa, catro de fraseoloxía castelá e coméntanse, ademais, tres tipos de recolleita fraseolóxica de Galicia. Están representadas neste número as Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña ou Vigo; a de Valencia e a de Alicante; do Algarve e de Faro (Portugal); de Bielefeld e de Tübingen (Alemaña), de S. Petersburgo (Rusia) e o Colegio de Michoacán (México)

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P