• para compartires e descargares!

    Empregas Dropbox? Talvez isto pode interesarte


    Se empregas o Dropbox, o sistema de almacenamento de ficheiros na nube, temos algo que che pode interesar: creamos un cartafol compartido con todos os ficheiros en PDF que alberga o Galegobook. Así, logo de sincronizares a túa conta de Dropbox, terás no computador (sexa Windows sexa Mac) os libros a medida que os vaiamos actualizando.

    Para isto, terás que nos enviar un correo electrónico a galegobook@gmail.com para que deamos de alta a conta de correo e comezar a compartir contigo o cartafol.

    Cómpre salientar que o cartafol compartido ocupa 620 MB, polo que terás que ter espazo suficiente na conta de Dropbox.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P