Edición da Real Academia Galega das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.
Ano: 20.ª edición, 2005Páxinas: 123
ISBN: 84-87987-51-6
Descárgao aquí
Fonte da nova: Real Academia GalegaA Lei de Normalización Lingüística (Lei 3/1983), na súa disposición adicional, recoñécelle á Real Academia Galega o criterio de autoridade para establecer a normativa e ditaminar cal é o uso correcto da lingua. Pídelle tamén a súa actualización e revisión en función do proceso de normalización do uso do galego. A nosa Institución, atenta aos cambios que a sociedade demanda, cumpriu este mandato. Nesta liña débense interpretar as modificacións á Norma levadas a cabo en 1995 e as efectuadas, con maior profundidade, no ano 2003.
Para levar a cabo esta reforma, e como garantía de maior acerto, a Real Academia Galega nomeou unha Comisión de Estudo, integrada por catro académicos numerarios, tres representantes dos Departamentos de Filoloxía Galega das tres Universidades de Galicia e un representante do Instituto da Lingua Galega. A Comisión estudou durante varios meses os cambios que, ao seu criterio, deberían introducirse na normativa. Os resultados do traballo da Comisión foille presentado á Real Academia Galega, quen os aprobou na sesión plenaria celebrada o 12 de xullo de 2003.
O modelo lingüístico proposto baséase fundamentalmente na lingua viva falada polo noso pobo, limpa dos elementos alleos que non son necesarios, tratan de seguir a mellor tradición histórica, buscan que nel se sinta representada a maioría dos falantes, e procura ser coherente coas demais linguas de cultura.
A busca da concordia lingüística explica que se introducisen aspectos asumibles doutras propostas normativas. Esta é a razón da inclusión de solucións dobres, algunhas das cales xa estaban presentes nas normas anteriores pero quizais non formuladas coa suficiente claridade.
Estamos seguros de que as Normas que hoxe presentamos, que non supoñen cambios radicais con respecto ás anteriores, terán unha acollida social favorable e mesmo entusiasta. Esperamos que sexan un punto de encontro para todos, o que nos permitirá avanzar decididamente no proceso de normalización da nosa lingua.
0 comentarios:
Enviar um comentário