• para compartires e descargares!

    Os meus favoritos. Guía de enderezos de internet





    Descárgao aquí




    Desde o ano 1963 celebramos e reivindicamos en Galicia a nosa lingua e as nosas letras. A partir de 2006 o mesmo día celebramos, ademais, o Día de Internet que, pola súa vez, coincide co Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que se celebra xa desde 1969. Todo isto fai que o 17 de maio sexa unha xornada de celebración e reivindicación simultánea que se converte nunha moi boa ocasión para intensificar a relación imprescindíbel entre a lingua e a rede.

    Todas as galegas e todos os galegos temos a oportunidade de participar no mundo globalizado da rede con identidade propia a través da nosa lingua e debemos ver Internet como unha ferramenta de comunicación, creación, difusión, participación e opinión que pode e debe integrarnos nun contexto internacionalizado desde a nosa identidade.

    Os servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas, por medio desta guía, queremos difundir unha pequena selección de sitios web en galego para así contribuír á difusión da información na nosa lingua, ao mesmo tempo que á difusión da creación artística, da cultura, do deporte, da literatura, da música, dos espazos de participación e creación de opinión, do ensino, do medio, etc. Con ela queremos convidarvos a que naveguedes e a que descubrades o ciberespazo en galego.

    A través de Internet podemos conectarnos á lingua e a través da lingua podemos conectarnos a Internet.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P